Os seis primeiros tanques Leopard españois para Ucraína saen de Santander
Os seis carros de combate embarcaron canda outros 20 vehículos de transporte vía marítima cara a Polonia
Os Leopard 2A4 foron reparados e postos a punto na factoría de Santa Bárbara en Alcalá de Guadaira, en Sevilla
Outros catro están a ser rehabilitados para a súa entrega ao exército ucraíno nas próximas semanas
Carro de combate Leopard español en manobras
O primeiro envío de tanques Leopard españois xa saíu do porto de Santander con destino a Ucraína, segundo anunciou este sábado a ministra de Defensa, Margarita Robles.
Os seis carros de combate embarcaron esta noite xunto con 20 vehículos de transporte "e van xa en dirección a Ucraína, a onde chegarán dentro 5 ou 6 días", detallou a ministra en declaracións aos medios en Madrid.
Os seis Leopard 2A4 foron reparados e postos a punto na factoría da empresa Santa Bárbara en Alcalá de Guadaira, en Sevilla, e sometidos a probas de certificación por parte do Exército de Terra en Cerro Muriano, en Córdoba.
Unha vez superadas estas fases trasladáronos por estrada a Santander para ser enviados desde alí a Polonia, onde se recibe e distribúe toda a axuda militar que os países envían a Ucraína.
Trátase dos seis primeiros Leopard comprometidos polo Goberno de Pedro Sánchez, pero hai outros catro carros de combate que están a ser xa rehabilitados para sumarse tamén ao Exército ucraíno nas próximas semanas.