Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os atrasos na subministración de pezas saturan os talleres mecánicos de coches agardando reparación

Os atrasos na subministración de pezas saturan os talleres mecánicos de coches agardando reparación

Vense obrigados a recorrer aos despeces

G24.gal 05/12/2022 14:48

A falta de repostos está a saturar moitos talleres mecánicos en Galicia. Os profesionais vense con frecuencia na obriga de recorrer a talleres de despezamento para poder arranxar os vehículos. Hai pezas que poden chegar a tardar meses para conseguilas.

Francisco dedícase principalmente á reparación de camións. As demoras na chegada dos repostos que precisa están poñendo en xaque o seu traballo: "Tardan moito en chegar e estamos sempre agardando polo material".

A poucos metros, noutro taller, Jesús ten o mesmo problema: "Levo 30 anos no sector e nunca pasou algo así".

Isto satura os talleres de vehículos parados agardando a que cheguen as pezas.  Luis Abelleira, presidente provincial da Asociación de Talleres de Lugo di que o seu beneficio está na man de obra, non nas pezas, pero que se non chegan as pezas non poden traballar.

Detrás está a parada de fabricación pola covid en Asia. Cren necesario que Europa recupere a fabricación de compoñentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade