Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os reis, a princesa Leonor e a infanta Sofía presiden a entrega dos Premios Princesa de Xirona

Os reis, a princesa Leonor e a infanta Sofía presiden a entrega dos Premios Princesa de Xirona

A princesa fixo parte do seu discurso en catalán

G24.gal 04/07/2022 22:23 Última actualización 04/07/2022 23:13

O rei reivindicou este luns a importancia de “traballar xuntos e colaborar para construír un mundo mellor” e fixo un chamamento aos mozos a “tomaren a palabra” para asumir o reto de liderar o futuro.

Filipe VI dirixiuse á mocidade na súa intervención na cerimonia de entrega dos premios que a Fundación Princesa de Xirona (FPdGi) concede desde 2010 e que este ano presidiu no Museo das Augas da Fundación Agbar, na localidade barcelonesa de Cornellà de Llobregat, xunto á raíña Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

O monarca lamentou que, tras quedar atrás o peor da pandemia, xurda a guerra en Ucraína, que “trae consigo morte, pobreza e desolación e que ameaza a convivencia no mundo e a economía global”.

Segundo o rei, estas realidades levan á conclusión de que “vivir coa incerteza, a complexidade e a constante transformación non é hoxe a excepción, senón a norma”.

Ante os enormes desafíos actuais, don Filipe remarcou: “Os mozos debedes prepararvos para afrontar con sensibilidade e intelixencia persoal e colectiva os innumerables retos”.

Ás galardoadas, que coparon as cinco categorías dos premios, deulles os parabéns por incorporárense a “unha comunidade de referentes extraordinarios” en distintas disciplinas.

“Representades a nosa esperanza”, dixo o rei ao dirixirse á física Eleonora Viezzer (Investigación Científica), á psicóloga Claudia Tecglen (Social), á actriz María Hevás (Artes e Letras), á enxeñeira Elisenda Bou-Balust (Empresa) e á activista ambiental vietnamita Trang Nguyen (Internacional).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade