Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os recolledores de navalla de Fisterra piden axilidade nas análises para evitar perdas pola toxina noutras especies

Os recolledores de navalla de Fisterra piden axilidade nas análises para evitar perdas pola toxina noutras especies

O colectivo pide que se axilicen os protocolos de análise

Tiraron 300 quilos de longueirón e navalla ao mar

Marta González Salve 27/09/2022 14:21

Indignación entre os mergulladores que se dedican ao longueirón e á navalla en Corcubión e Fisterra polo peche cautelar da área de traballo tras detectar elevados niveis de toxina nalgunhas especies.

A consecuencia do peche tiráronlle as capturas do martes. Piden que se axilicen os protocolos para poder aproveitar as capturas e non perder días de traballo por unha toxina que segundo as súas mostraxes non lles afecta.

Quéixanse ademais de que a lentitude dos protocolos propicia a mortaldade das capturas e que non se aproveiten para repoboar. As perdas do paro para este colectivo ascenden a uns 4.000 euros por día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade