Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reclama coordinar medidas co Goberno para dar confianza ao sector porcino

A Xunta reclama coordinar medidas co Goberno para dar confianza ao sector porcino

Os produtores temen a baixada das vendas e unha caída dos prezos

G24.gal 02/12/2025 14:36

Os casos de peste porcina detectados en xabarís na contorna de Barcelona colle a industria marcando os prezos máis baixos do ano.

"O prezo de Lleida nunha mesa extraordinaria baixou de céntimos. Estamos por baixo do custe de produción e para as próximas semanas a situación é moi preocupante", explica o presidente de FEGAPOR, Pablo Meijomín.

Unha situación en orixe que aínda se contén no mercado. As vendas e os prezos resisten. "A carne de porco segue igual. Non ten cambio ningún", din os praceiros.

A preocupación diríxese cara ás exportacións. A China limita o peche á provincia de Barcelona. Pero hai países coma O Xapón que xa están anulando pedidos tamén en Galicia. Por iso desde a Xunta piden medidas coordinadas por parte do goberno para dar confianza ao sector.

"Pedirémoslle ao ministro esa coordinación das medidas a adoptar por parte das comunidades porque é un tema que transcende. Os animais non entenden de fronteiras. É algo que hai que afrontar de xeito global", asegura María José Gómez, conselleira e Medio Rural. 

E chaman á tranquilidade porque non se detectaron casos nas granxas de porcino que contan con estritos controis de bioseguridade. España é un dos principais produtores de porcino do mundo. Un sector que en Galicia move arredor de 700 millóns de euros cada ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade