Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suráfrica confirma que as vacinas manteñen a eficacia fronte á ómicron

Suráfrica confirma que as vacinas manteñen a eficacia fronte á ómicron

Xa hai sete casos confirmados en España da nova variante

A ómicron aumenta a posibilidade de reinfección

As vacinas resisten fronte a variante ómicron
G24.gal 03/12/2021 15:01

De Suráfrica chegou a variante ómicron. E de Suráfrica chegan agora boas noticias. As vacinas seguen sendo unha ferramenta efectiva. Unha opinión que comparten aquí algúns expertos.

Iso si, parece que é máis contaxiosa, e esta nova variante aumenta a posibilidade de reinfección. Pero queda aínda moito por saber. Mentres, sucédense as mensaxes de prudencia das autoridades á vez que coñecemos en Madrid o primeiro caso de transmisión comunitaria. 

Polo de agora hai sete  casos confirmados en España da nova variante. Un notificado esta mesma mañá na Comunidade Valenciana, dous en Mallorca, un deles coñecido hai uns minutos; dous de Madrid e dous en Cataluña. Pendentes de analizar hai dous Madrid, sospéitase que un deles é ómicron, e outros dous nas illas Canarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar