Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os presupostos da Xunta de 2023 inclúen 592 millóns de euros en beneficios fiscais

Os presupostos da Xunta de 2023 inclúen 592 millóns de euros en beneficios fiscais

Do total destas reducións, o 91 % son de carácter social, segundo asegurou o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos

Con este acto iníciase a tramitación das contas para 2023

O presidente do Parlamento recibe do conselleiro de Facenda o proxecto de orzamentos de 2023 (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 20/10/2022 12:23 Última actualización 20/10/2022 14:51

O proxecto de orzamentos da Xunta para 2023 inclúe uns beneficios fiscais de 592 millóns de euros, polas distintas rebaixas como a deflatación no IRPF, redución no primeiro tramo deste imposto e outras deducións previstas, entre as que se atopa a do imposto de patrimonio.

Do total destas reducións, o 91 % son de carácter social, segundo asegurou o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, quen destacou que benefician sobre todo "as rendas medias-baixas", e algunhas entran en vigor este mesmo ano xa que teñen carácter retroactivo.

Así o explicou en conferencia de prensa, tras entregar o proxecto orzamentario ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, para iniciar a súa tramitación coa previsión de que estas contas, que ascenden a 12.620 millóns de euros, un 8,5 % máis que este ano, entren en vigor o 1 de xaneiro.

Miguel Corgos dixo que as contas para o ano que ven apostan por mais gasto social, menos impostos, máis investimento, menos débeda e pensados para o plan plurianual 2030. Os orzamento co impulso que Galicia necesita asegurou o conselleiro de Facenda.

Declaracións do conselleiro de Facenda tras entregarlle o proxecto de Lei de Orzamentos ao presidente do Parlamento que comezan a tramitación e que se prevé que se aproben a finais de decembro. Son as contas máis altas da historia e tamén as máis sociais. Tres de cada catro euros destínanse a sanidade, educación, políticas sociais e emprego.

A oposición pedirá a devolución dos presupostos

Os grupos da oposición no Parlamento galego, BNG e PSdeG, pedirán a devolución dos orzamentos da Xunta para o próximo ano, que entraron este xoves na Cámara autonómica, mentres que o PP defendeu que son unhas contas "saneadas", adecuadas para o momento actual e que permitirán que a actividade económica "sufra menos" do que aventuran algúns estudos.

Tanto Ana Pontón como Luís Álvarez defenderon que as contas entregadas polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, no Parlamento non son as que necesita Galicia con "un pelotazo" fiscal aos ricos e sen recuperar instrumentos como a tarxeta básica para atender aos máis desfavorecidos, críticas que desdeñou o seu homólogo no PPdeG, Pedro Puy.

A portavoz nacional do BNG asegurou que os orzamentos presentados pola Xunta son "unha fraude" aos galegos porque están baseados "nunha mentira", dixo en alusión á previsión de crecemento e, ademais, son "insolidarios". Por este motivo anunciou que o seu grupo presentará unha emenda de totalidade ás contas públicas para o próximo ano, do mesmo xeito que tamén fixo o portavoz parlamentario socialista Luís Álvarez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade