Os pneumólogos insisten na importancia de non fumar nas terrazas para evitar contaxios
O coronavirus pode propagarse ata oito metros
Os pneumólogos lembran que o tabaco mata en España ao ano 60.000 persoas
Os pneumólogos insisten no risco de transmisión da covid–19 cando se fuma en terrazas aínda que se manteña a distancia de seguridade. O fume exhalado é unha vía para a transmisión das partículas do virus. E os pneumólogos insisten: o coronavirus pode propagarse ata oito metros.
Os especialistas defenden que esta prohibición debería ser permanente non só en terrazas senón el calquera espazo público aberto. Os pneumólogos lembran que o tabaco mata en España ao ano 60.000 persoas. Parte desas mortes son de persoas non fumadoras expostas ao fume do tabaco.
Duplicar o prezo equiparándoo ao doutros países, regular os vapeadores ou as axudas ao fumador son, segundo as sociedades científicas, medidas efectivas para o control do tabaquismo.