Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os perigos do turismo dental 'exprés' en Marrocos

Os perigos do turismo dental 'exprés' en Marrocos

Unha moda arriscada pola falta de garantías e de seguimento dos tratamentos

No caso de neglixencia os pacientes terán que reclamar ante as autoridades marroquís
 

Primeiro foi Turquía, agora é Marrocos o destino vacacional para facer tratamentos dentais
G24.gal 12/08/2025 15:32

 "Si vin moito por TikTok e por Instagram que saen moitos anuncios tanto a Turquía como a Marrocos", confirma unha rapaza.

As redes sociais non paran de bombardear con este tipo de anuncios.

 "Paquetes vacacionais en Marrocos que prometen vós, aloxamentos, actividades e atentos para o bombazo inclúe tratamentos bucodentais en tempo récords, e todo isto por 1.200 €", explica un dos anuncios colgados nas redes sociais.

Pero ata que punto podemos fiarnos?

 "Ti polo e veste e logo que fas, que pasa?, non tes ningún seguimento".

"Non o faría".

"Dáme que desconfiar un pouco".

"Non sabes o que che poden estar facendo nos dentes realmente", comentan na rúa.

"O barato sae moi caro en saúde. Nunca deberiamos pensar na saúde polo prezo", apunta José Manuel Pose, vicepresidente do Colexio de Odontólogos da Coruña.

E é que a odontoloxía non é turismo é medicina, por iso os profesionais da saúde advirten das consecuencias e da falta de garantías tanto nos tratamentos estéticos como nas cirurxías.

 "Por exemplo en Marrocos, ao ser un país que non está na UE, seguramente ata empregan materiais que non teñan selo CEE, aínda que haberá clínicas que si. Cal é o perigo?, nestas ofertas normalmente vas a unhas clínicas onde se vai traballar full para facer nada máis que cartos. Estes tratamentos necesitan un tratamento postoperatorio e uns coidados que unha semana de vacacións non che van poder dar", informa o odontólogo.

En caso dunha neglixencia os pacientes poden reclamar.

 "Pero tes que reclamar en Marrocos e os gastos que vas ter de avogados e a indefensión que vas ter vai ser terrible, porque dende España, nós dende o Colexio de Odontólogos ou avogados aquí non te van defender", advirte Jose Manuel Pose.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade