Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os peregrinos de inverno celebran o bo tempo destes días de febreiro

Os peregrinos de inverno celebran o bo tempo destes días de febreiro

Hai quen escolle facer o Camiño agora para andar con tempo frío e pouca xente na ruta 

Din que atopan albergues onde aloxarse, malia que a maioría están pechados ata marzo

G24.gal 10/02/2023 14:15

Jorge, José e Juan son tres amigos de Cádiz que partiron hai dous días de Tui e contan chegar esta fin de semana a Compostela. Quen organizou todo foi Jorge, que xa peregrinara antes polo Camiño Francés e quería repetir a experiencia, coa idea clara de que tiña que ser en inverno. 

"É unha época boa porque non fai tanta calor, e quero pensar que buscamos a mellor semana de febreiro, porque nos atopamos cun tempo marabilloso".  

Recoñecen que nesta época o Camiño está moi baleiro, pero din que é algo que lles vai ben para o seu ritmo. 

Tampouco tiveron problemas de aloxamento, pese a que gran parte dos albergues están pechados ata marzo. Así que, con todo tan a favor, din, non cabe outra que seguir o Camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade