Os particulares poden almacenar na casa ata 240 litros de gasóleo e 60 de gasolina en garrafas homologadas
Os particulares poden almacenar na casa ata 240 litros de gasóleo e 60 de gasolina en garrafas homologadas
Un particular pode transportar e almacenar combustible, pero cumprindo a normativa
Ao ser mercadorías perigosas, Tráfico pode multar con ata 3.000 euros se non vai no maleteiro e de xeito estable
Co prezo dos combustibles en plena escalada, hai quen opta por encher garrafas e gardalas para máis adiante. Se están pensando en facelo, moito coidado, porque a lei establece límites claros.
Un particular pode transportar un máximo de 60 litros en garrafas ou bidóns homologados de gasolina, no caso do gasóleo o total que se pode almacenar ascende a 240 litros (en garrafas individuais de 60 litros, é dicir, 4 garrafas).
"No caso do gasóleo podes transportar un máximo de 240 litros, 60 litros por garrafa. E sempre teñen que ser garrafas homologadas, non valen botellas de auga, nin latas vellas", explica Miguel Ángel Salceda, presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo (FEGAES)
Iso si, os envases teñen que estar homologados e certificados para que non se degraden. Ademais ao tratarse de produtos altamente inflamables, a Dirección Xeral de Tráfico considera os carburantes mercadorías perigosas, polo que deben ser transportadas sempre no maleteiro, ben suxeitos e nunha posición estable. Non se pode transportar no habitáculo.
E se o condutor non respecta estas condicións, exponse a multas de ata 3.000 euros. E unha vez na casa hai que gardalos en lugares ventilados e afastados de fontes de calor.
"Houbo bastante xente que intentou acumular, sobre todo de gasóleo foi o que máis detectamos, de gasóleo A". "Se esta situación se mantén, o Goberno debe tomar medidas para mitigar dalgunha maneira, vía rebaixa de impostos, toda esta voráxine de subida de prezos". di o prersidente da Federación Galega de Estacións de Servizo.