Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os padexeiros galegos volven do Mundial cunha gran colleita de medallas

Os padexeiros galegos volven do Mundial cunha gran colleita de medallas

Carlos Arévalo, con dous ouros, o máis aclamado no seu regreso

Teresa Portela representa a veteranía e os tres do C4 500 a nova xeración de talentos

G24.gal 08/08/2022 20:32

Galicia recibiu cos brazos abertos os seus medallistas mundiais en piragüismo. É o caso de Teresa Portela, que acadou o metal na proba do K2 canda Sara Ouzande. A gran revelación foi o bote do C4 500 con tres promesas do noso piragüismo que conseguiron traer o ouro para Galicia: Adrián Sieiro, Manuel Fontán e Pablo Graña. 

A Asturias chegou o outro cincuenta por cento das medallas galegas deste Mundial: as dúas que trouxo na maleta o betanceiro Carlos Arévalo: a do K4 500 metros, compartida tamén con outro galego, Rodrigo Germade; e a individual do K1 200 metros. Actuación destacadísima a de Arévalo neste mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos