Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ópticos e optometristas advirten sobre o empeoramento da saúde visual dos nenos

Os ópticos e optometristas advirten sobre o empeoramento da saúde visual dos nenos

Recomendan evitar o abuso de pantallas e xogar máis ao aire libre e con luz natural

Os meniños deben facer revisións periódicas a partir dos tres anos

G24.gal 13/10/2022 13:51

"Ollo cos ollos" é o lema do Colexio de Ópticos de Galicia para o Día Mundial da Visión. Lembran a importancia de previr e de coidar a vista na etapa da infancia.

Cunha carpa na praza da Peregrina de Pontevedra, os responsables de coidar a nosa vista quixeron chamar a atención sobre o empeoramento da saúde visual dos pequenos da familia.
Explican que sete da cada dez presentan algún tipo de defecto refractivo, que os seus ollos son máis transparentes e por iso máis sensibles, e que o diagnóstico tardío pode aumentar esa porcentaxe dun 20 % que require de corrección.

 "Os nenos ás veces non saben que poden ver mellor e  non se queixan, pero as veces hai síntomas como que o rapaz chisca os ollos ou frégaos moito", advirte Esther Amaro, secretaria do Colexio de Ópticos e Optometristas de Galicia.


O recomendado é facer revisión a partir dos tres anos e tamén un cambio de hábitos. Os nenos deben xogar menos con pantallas e deben estar máis na rúa e con luz natural.

 "Desta maneira non só vai traballar visualmente a distancias moi próximas senón tamén a distancias máis amplas, desenvolvendo así a visión de lonxe, o campo visual...", explica Eduardo Eiroa, presidente do Colexio de Ópticos e Optometristas de Galicia. 

Recomendan ademais que os nenos leven tamén lentes de sol se a radiación solar é excesiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar