Os obradoiristas Rubén Guerrero e Edgar Vicedo, convocados por Sergio Scariolo
Xogarán os dous próximos partidos da segunda fase clasificación para a Copa do Mundo 2023 en Italia e Huelva
Tamén está convocado o galego Jonathan Barreiro
O Seleccionador Nacional, Sergio Scariolo, deu a coñecer este mércores a lista de xogadores convocados para disputar os dous próximos partidos da segunda fase clasificación para a Copa do Mundo 2023 en Italia e Huelva.
Nesa lista están os xogadores do Obradoiro Rubén Guerrero e Edgar Vicedo, e o galego Jonathan Barreiro.
O vindeiro luns 7 de novembro a Selección viaxará a Bolonia, onde comezará a preparar o partido que lle enfrontará a Italia en Pésaro ás 21:00 horas do venres 11.
O sábado 12, o equipo desprazarase a Huelva. No Pazo dos Deportes Carolina Marín da capital onubense, medirase o luns cos Países Baixos o luns 14, un encontro para o que xa se esgotaron todas as entradas.
📹 El Seleccionador @sergioscariolo analiza la LISTA de #LaFamilia 🔝
— Baloncesto España (@BaloncestoESP) November 2, 2022
🎙️ "Un equipo con valores, consistencia, carácter y calidad".#SomosEquipo pic.twitter.com/IByl5QZU9x
Estes serán os dous primeiros partidos que a selección disputará despois de conseguir o pasado 18 de setembro en Berlín o cuarto Eurobasket da súa historia. O capitán Sebas Saiz, Jaime Fernández, Darío Brizuela, Joel Parra e Alberto Díaz repetirán presenza na Selección despois de proclamarse campións de Europa hai unhas semanas.
🚨 OFICIAL | La LISTA de #LaFamilia para los dos próximos partidos de clasificación para la @FIBAWC 2023.#SomosEquipo
— Baloncesto España (@BaloncestoESP) November 2, 2022