Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mozos sen vacinar que están na UCI andan polos trinta anos

Os mozos sen vacinar que están na UCI andan polos trinta anos

Sanidade lembra que os centros seguen abertos sen cita para os non vacinados

Cruz García del Río 30/11/2021 19:51

A tendencia crecente da curva da covid–19 non dá aínda sinais de estabilización en Galicia. Cada día entran na UCI persoas que están sen vacinar. A media de idade é de 69 anos, pero tamén ingresa xente nova, da franxa de idade en que a porcentaxe de vacinación é menor.

"Hai casos concretos de xente nova, no rango de 30 anos, que están entrando directamente na UCI sen estaren vacinados. Unha mensaxe especial para esa xente máis nova que está sen vacinar é que aproveite esta ocasión que temos agora de centros abertos para ir sen cita", dixo o conselleiro de Sanidade.

 A petición do certificado covid na hostalería está xerando un goteo de persoas que acoden con atraso inmunizarse. Pero non tantas como sería necesario nun momento en que a sexta vaga do virus segue sen botar freo. Os contaxios medran en todas as áreas sanitarias e sobre todo na de Vigo e na de Ourense semellan non tocar teito.

"Non sería de estrañar que nos vindeiros sete días chegásemos á cifra de 2.000 casos activos, que seguramente marca un antes e un despois no devir da pandemia", advertía Félix Rubial, xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

Un antes e un despois que xerará, de feito xa está xerando, un aumento das hospitalizacións. Tamén é importante reforzar a inmunidade dos xa vacinados. Este mércores comezan a recibir a terceira dose en Galicia as persoas de 60 a 69 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade