Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Mossos investigan unha brutal agresión sexual a unha moza de 16 anos en Igualada

Os Mossos investigan unha brutal agresión sexual a unha moza de 16 anos en Igualada

A vítima está ingresada na UCI cun traumatismo cranioencefálico e varios politraumatismos

G24.gal 03/11/2021 08:31

Brutal agresión sexual a unha moza de 16 anos en Igualada. A vítima está ingresada na UCI cun traumatismo cranioencefálico e varios politraumatismos. Os feitos sucederon na madrugada do domingo ao luns. 

Un camioneiro deu aviso arredor das 7:30 da mañá: acabada de atopar unha moza espida e inconsciente tirada nunha das rúas do polígono industrial de Igualada.

Os mossos investigan o sucedido e están á espera de poder tomarlle declaración á vítima. Ao parecer, a moza dirixíase á estación de tren de regreso á casa cando foi abordada. Descoñécese se hai un ou varios implicados na agresión sexual e na malleira que sufriu a rapaza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade