Os Mossos investigan unha agresión sexual a unha moza de 19 anos en Barcelona
Os Mossos investigan unha agresión sexual a unha moza de 19 anos en Barcelona
O agresor ou agresores, que están a ser buscados, utilizaron violencia extrema
A moza foi trasladada a un centro hospitalario para ser atendida das feridas que sufriu
A vítima non puido polo momento prestar declaración

En Barcelona, os Mossos d'Esquadra investigan a agresión sexual a unha moza de 19 anos na madrugada do venres ao sábado.
Os axentes buscan o autor ou autores dos feitos. A agresión produciuse no recinto de ocio nocturno do Poble Espanyol. A moza foi brutalmente agredida despois de abandonar unha discoteca da zona. Foron os vixilantes de seguridade do establecemento os que atenderon a vítima nun primeiro momento e chamaron a Policía e os servizos de emerxencia.
A moza foi trasladada a un centro hospitalario para ser atendida das feridas que sufriu, o que lle impediu polo momento prestar declaración. O agresor ou agresores utilizaron violencia extrema.
A patronal do ocio nocturno Fecasarm anunciou que se presentará como acusación popular nesta agresión.