Os mestres de FP entréganlle flores á ministra reclamando melloras
Pídenlle que equipare a súa categoría á dos mestres de secundaria
Os profesores de Formación Profesional celebraron esta mañá o que denominaron "aniversario infeliz da LOMLOE". Fixérono cunha entrega masiva de flores á ministra de Educación, Pilar Alegría.
Un acto co que piden que se equipare a súa categoría profesional á dos profesores de secundaria. Agora mesmo, un mestre de informática de FP cobra menos que o seu compañeiro de secundaria a pesar de ter idéntica formación. Hai máis de 25.000 docentes afectados en España.
Rafael Campanario, membro da Plataforma de Profesores Técnicos de FP con formación universitaria asegura que están "perdendo dereitos".
"Cada mes que pasa as nosas familias deixan de ter os ingresos que nos deben. Perdemos a oportunidade de acceso á cátedra e nalgunhas comunidades non se pode ser xefe de departamento", matizou.