Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mellores cociñeiros galegos defenden os "pratos de mercado"

Os mellores cociñeiros galegos defenden os "pratos de mercado"

A mellor cociña opta polos produtos frescos e de proximidade que ofrecen as 95 prazas de abastos de Galicia

G24.gal 25/11/2025 14:48

O valor de cociñar e de facelo con produtos de temporada, frescos e producidos no propio territorio. Ese valor coñéceno moi ben os consumidores, e tamén os mellores cociñeiros do país. 34 deles, algúns con moitas estrelas e soles, madrugan cada día para encher o carro da compra nalgunha das 95 prazas de abastos que temos en Galicia.

Tirando do carro, a chef Lucía Freitas e Jorge Pernas, o seu xefe de cociña, percorren a praza de abastos na busca dos mellores produtos do día. O primeiro ingrediente da boa cociña din que é a confianza.

"Na praza de abastos de Santiago estou coma na casa. Ao teren unha relación diaria cos vendedores son eles os que mellor te poden aconsellar", explica a chef da Tafona, Lucía Freitas.

Posto a posto, van tamén saudando, facendo encargas. A chef proba, coñece novas propostas e fai equipo cos produtores tradicionais.

"Teño a sorte de ter os meus restaurantes un a cada beira do mercado. Aquí podo cheirar cada cebola, mirar cada faba. Podo saber o que merco e o que estou cociñando e eu non cambiarían iso por nada do mundo. Creo, ademais, que é moi importante que nós como cociñeiro creemos un ecosistema socioeconómico ao noso redor", engade.

Polo menos unha vez á semana e en familia, defenden os nosos mellores cociñeiros, hai que achegarse aos mercados de abastos.

Hoxe fixérono para presentar a campaña Prato de Mercado, en que colaboran coa Xunta para defender a nosa gastronomía local e de proximidade, a artesanía galega para fomentar buscar a excelencia nas 95 prazas de abastos que temos en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade