Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os médicos de familia de Madrid chegan a un preacordo para rematar a folga

Os médicos de familia de Madrid chegan a un preacordo para rematar a folga

Hoxe volverá haber unha nova reunión para ratificar o acordo

G24.gal 16/03/2023 08:15

Os médicos de familia e a Comunidade de Madrid alcanzan un preacordo verbal para poñer fin á folga de Atención Primaria que comezou hai catro meses.  O comité de folga presentoulles aos profesionais sanitarios o acordado coa Consellería de Sanidade, que foi referendado tras unha reunión de dúas horas.

Para hoxe está previsto un segundo encontro para traballar nun posible pacto definitivo. Os sanitarios reclaman a implantación da xornada de 35 horas semanais ou o incremento do prezo da garda a 30 euros a hora en días laborais e a 35 euros en sábados e festivos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade