Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xente maior de 85 sen a cuarta dose vacinarase nos centros de saúde

A xente maior de 85 sen a cuarta dose vacinarase nos centros de saúde

Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública, ata o venres administráronse 136.000 doses de reforzo

G24.gal 15/10/2022 22:19 Última actualización 15/10/2022 23:00

Avanza a campaña de vacinación da cuarta dose contra a covid. Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública, ata o venres administráronse 136.000 doses de reforzo, 116.000 nos grandes recintos de vacinación.

Neses espazos xa se está a administrar desde o venres a cuarta dose á poboación de 70 a 79 anos. O 96 % das persoas vacinadas optou por poñer ao mesmo tempo o soro da gripe. 

Segundo a planificación da Consellería de Sanidade, o vindeiro luns rematará a vacinación no grupo de idade de 80 a 84 anos. 

Segunda volta

A próxima semana comezará a citación nos centros de atención primaria de toda a xente maior de 85 que non puxo a cuarta dose nos recintos masivos. Tamén se vai intensificar a vacinación a domicilio.

Ademais, esta semana comezaron as vacinacións nos vehículos na Cidade da Cultura. A partir do luns, farán o mesmo no IFEVI.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos