Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os letrados do Congreso rexeitan limitar a inviolabilidade do rei

Os letrados do Congreso rexeitan limitar a inviolabilidade do rei

G24.gal 13/06/2022 18:29 Última actualización 13/06/2022 18:49

Os letrados do Congreso dos Deputados rexeitaron nun escrito a admisión a trámite dunha proposición de lei do PNV para limitar a inviolabilidade do rei, ao sinalar que esta proposta é contraria ao réxime xurídico que estipula a Constitución neste asunto referente á Xefatura do Estado.

No seu escrito, os letrados do Congreso sinalan que esta proposición de lei "invade a reserva constitucional existente en canto aos elementos esenciais da Coroa definidos no título II da Constitución, ao pretender un desenvolvemento normativo contrario ao réxime xurídico da inviolabilidade da Xefatura do Estado". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade