Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Os letrados da Administración de Xustiza comezan unha folga indefinida
Acusan o Ministerio de Xustiza de non ofrecer ningunha resposta ás súas demandas e piden unha xuntanza para negociar
            
                            G24.gal
                        
                            24/01/2023 08:58
                        
                        
                        
                        
                    
                    Os letrados da Administración de Xustiza comezaron hoxe unha folga indefinida, que, segundo aseguran, podería paralizar ata dez mil xuízos por día en toda España. Acusan o Ministerio de Xustiza de non ofrecer ningunha resposta ás súas demandas e piden unha xuntanza para negociar.
Demandan melloras salariais acordes ás competencias que desenvolven nos xulgados desde a última reforma legal que, en 2009, lles atribuíu responsabilidades que antes exercían os xuíces. Aseguran que na xurisdición social, os letrados resolven tantos asuntos como as sentenzas dos xuíces.