Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hoteis lusos sofren cancelacións ante as novas restricións para esta ponte

Os hoteis lusos sofren cancelacións ante as novas restricións para esta ponte

A desconfianza pola variante ómicron tamén influíu nas cancelacións

Os hostaleiros calculan que perderon entre un 20 e un 30 % de negocio

Alberto Mancebo 03/12/2021 13:57

Un dos destinos preferidos dos galegos durante as pontes festivas é Portugal, pero desta volta as restricións impostas nos últimos días trouxeron moitas dúbidas. 

Se se está vacinado, pódese visitar o país veciño con total normalidade. Nestes momentos, e parece que para toda a ponte polo menos, na fronteira por terra só nos pedirán o pasaporte Covid. Fanse controis aleatorios e móbiles. 

Ese certificado de vacinación tamén se nos solicitará nos hoteis e restaurantes. A proba negativa, que serve unha de farmacia que o certifique, é requirida para entrar en pubs e discotecas e para os que chegan en avión. A grande incerteza dos últimos días en canto a estas restricións e o temor a variante ómicron deixáronse notar na ocupación dos hoteis portugueses con cancelacións que lles fixeron perder a ocupación plena coa que xa contaban.

Os operadores lusos informan de que non só algúns españois cancelaron a súa visita a Portugal, os británicos tamén por medo á variante ómicron. Os hostaleiros do norte de Portugal, pola súa banda, calculan que houbo un 25 % de cancelacións, a maioría feitas entre o luns e mércores pasado aínda que esperan un Nadal de ocupación plena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade