Cargando resultados...
Hostaleiros denuncian que as axudas covid eran inaccesibles
Aseguran que os requisitos eran moi difíciles de cumprir
G24.gal
30/11/2021 14:41
O 70 % dos hostaleiros galegos son autónomos. O sector asegura que o Goberno non os tivo en conta á hora de marcar as bases para poder acceder ás axudas covid. Explican que só un de cada tres negocios tivo acceso a esas achegas.
Estiman dende a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos que en Galicia quedaron uns 140 millóns de euros sen entregar.
A Conselleira de emprego apuntou que en Galicia trataron de flexibilizar ao máximo os requisitos para repartir o maior número de axudas posibles a autónomos e empresas galega.
Agora queren que se negocien con eles novas axudas, con máis facilidades de acceso, e que inclúan os cartos que non se repartiron.