Cargando resultados...
Os hospitais de Vigo e Santiago proban unha nova vacina de reforzo
Os hospitais de Vigo e Santiago proban unha nova vacina de reforzo
G24.gal
28/11/2021 11:28
Os hospitais de Vigo e Santiago empezan a probar unha nova vacina de reforzo contra a covid-19. Os dous centros buscan voluntarios con pauta completa para lles inxectar o fármaco de Sanofi e GSK e participar así na fase tres dun ensaio clínico internacional dunha nova vacina.
É a última fase antes de que empece a comercializarse. Ademais do Álvaro Cunqueiro e do Clínico de Santiago, neste ensaio participan outros catro hospitais españois.