Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os grandes recintos de vacinación en Galicia pechan esta fin de semana

Os grandes recintos de vacinación en Galicia pechan esta fin de semana

Agás na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, onde a vacinación vaise prolongar unha semana máis

Este sábado adminstráronse principalmente ás segundas doses dos cativos de entre os 5 e os 11 anos

G24.gal 12/03/2022 14:28

Quedan poucas horas para que os grandes recintos de vacinación pechen en Galicia as súas portas,  ésta é a última fin de semana de actividade para a maioría de centros, agás na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, onde a vacinación se vai prolongar unha semana máis. 

Esta xornada está dedicada principalmente ás segundas doses dos cativos.

"Os nenos están máis concienciados ca nós, xa no cole preguntaban cando nos toca a nós?", asegura unha nai.

No Gaiás convocaron hoxe 1.950 nenos e nenas de entre os 5 e os 11 anos, a maioría recibiron a segunda dose. Os que acaban de cumprir os 5 anos comezan agora a pauta de vacinación.

"É consciente de que o ten que facer, que é necesario para a súa saúde. É algo que traballamos moito na casa con ela para que o entenda e veña xa preparada", di outra das nais.

O domingo será o último día de actividade na maioría dos recintos. O equipo que levou a coordinación no Gaiás di ter sentimentos opostos. Están satisfeitos polo esforzo realizado durante máis dun ano pero tamén con ganas de regresar a outras facetas do seu traballo.

"Foron momentos moi duros, de tensión, de moito traballo, de agobio, pero finalmente vimos que a vacina deu os seus froitos. É en definitiva un traballo gratificante porque a xente veu vacinarse e o balance sempre é positivo", di María Xosé Parrado Alonso, membro do equipo de coordinación da vacinación na Cidade da Cultura.

Unha vez pechados serán os hospitais os que asuman a administración das doses pendentes, para os máis rezagados, os nenos que vaian cumprindo as idades indicadas e para os que vaian completando os prazos postcovid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade