Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos Joselu, Aspas e Borja Iglesias poñen en apuros a De la Fuente

Os galegos Joselu, Aspas e Borja Iglesias poñen en apuros a De la Fuente

Ausentes no pasado Mundial, chaman agora á porta do combinado nacional con forza

G24.gal 13/03/2023 13:36 Última actualización 13/03/2023 15:56

Joselu, Iago Aspas e Borja Iglesias, ausentes no pasado Mundial, chaman agora á porta do combinado nacional con forza. Os tres marcaron esta pasada fin de semana. O do Español abriu o marcador no Santiago Bernabeu, aínda que o Real Madrid acabou remontando (3-1).

O do Celta, pola súa banda, logrou un dobrete no claro triunfo ante o Raio Vallecano (3-0). Finalmente, o do Betis fixo o único gol verde e branco no empate ante o Vilarreal (1-1).

Os tres están entre os mellores goleadores da liga Santander. Joselu é segundo, con 12 'dianas', empatado con Enes Ünal e a tres goles do líder Lewandovski (15). Borja e Iago, pola súa banda, son cuartos con 11 tantos, debido a que comparten con Karim Benzema, que leva os mesmos. Un pouco máis abaixo sitúase Álvaro Morata, con 9. Haberá que ver que decide De la Fuente. Fácil non llo poñen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade