Cargando resultados...
Os galegos inician a operación saída cos combustibles un 50 % máis caros ca o ano pasado
Encher o depósito é de media 30 euros máis caro que o ano pasado

Alberto Mancebo
29/07/2022 14:29
Hoxe os galegos dispóñense a iniciar a operación saída sabendo que encher o depósito lles vai custar 30 euros máis que o ano pasado de media. E haberá mesmo quen modifique as súas vacacións por este motivo.
A pesar de que o combustible baixou de prezo nas últimas semanas, a diferenza coas cifras do ano pasado segue sendo notable. Os condutores falan dunha situación insoportable e que a resignación é o que lles queda. Se en agosto do ano pasado para facer 500 quilómetros cun coche de gasolina se gastaban uns 60 euros, hoxe esa cantidade aproxímase máis aos 100 euros.