Cargando resultados...
Os galegos da ACB afrontan unha nova xornada en situacións contrapostas despois do derbi
O Leyma Coruña visita Valencia (18:00 h) coa necesidade de gañar
O Rio Breogán recibe o UCAM Murcia (20:45h) despois de encadear dúas vitorias
G24.gal
22/03/2025 14:59
Aínda resoa o himno, e o derbi que levou o Breogán, cando os nosos volven afrontar outra crucial xornada. A do Leyma Coruña en Valencia, co difícil obxectivo de frear a un dos equipos máis en forma da Liga. En situación límite, a tres vitorias da permanencia.
Ás seis comeza este partido. E ás nove menos cuarto, no Pazo, o Breogán recibe o Murcia. Equipo físico, duro. Os Bad Boys da Liga. En Lugo xa saben como as gastan. Imaxes de hai tres temporadas.
O Breogán chega coa baixa de Atic e en forma. Con dúas vitorias seguidas que abriron a caixa da ilusión. E, por que non, de volver mirar a Europa.