Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Franco abren por primeira vez a Casa Cornide ao público

Os Franco abren por primeira vez a Casa Cornide ao público

Inés Rey e Francisco Jorquera foron os primeiros en visitar o palacete

A familia do ditador fará este tipo de visitas cada luns logo da sanción recibida por non abrir tras ser declarado BIC

Inés Rey e Francisco Jorquera entran ao interior da Casa Cornide (EFE/Moncho Fuentes) Inés Rey e Francisco Jorquera entran ao interior da Casa Cornide (EFE/Moncho Fuentes)
G24.gal 04/08/2025 10:11

A familia dos Franco abriron este luns a Casa Cornide ao público este luns. Realizáronse unha serie de visitas gratuítas nas que participou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Ás 9:00 horas a rexedora coruñesa accedeu ao interior xunto co portavoz do BNG, Francisco Jorquera, o historiador Alfredo Vigo Trasancos e o membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica Rubén Centeo.

A Casa Cornide é un palacete do centro da Coruña do século XVIII. En 1962 pasou a ser propiedade de Carmen Polo e do seu marido, Francisco Franco.

Antes de entrar a alcaldesa dixo que foi o seu equipo quen optou por incluír a Jorquera, porque o BNG foi un dos impulsores para que o inmoble se declarase como Ben de Interese Cultural.

Vigo Trasancos asiste como membro do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses e como autor do informe polo que se declarou como BIC. Rubén Centeo acode como integrante dun colectivo memorialista.

Foi Vigo Trasancos o que dixo que o contido do interior é un misterio, pero o interese está no exterior. Cre que dentro hai unhas escaleiras con interese patrimonial e dous arcos parecidos aos do hostal dos Reis Católicos.

Tamén describiu o visto no interior, mencionando dous capiteis, un relevo e unha estatua de Santiago Peregrino. Ademais, tamén falou doutras dúas figuras: unha de Santa Bárbara e unha de Santa Catalina.

"É interesante porque dá moitas lecturas e permite coñecer algúns elementos que son orixinais", explicou Vigo Trasancos.

Segundo el, a Casa Cornide inclúe a historia do Hospital de Caridade xa desaparecido, cuxas pezas se trasladaron en 1958.

Na visita contaron con planos de 1951 e de 1962, diferenciando a reforma de rehabilitación do edificio. 

Agora hai dúas frontes abertas sobre o palacete: a recuperación para o patrimonio que busca o Concello da Coruña e a apertura ao público que esixe a Xunta por ser BIC.

A lei di que os BIC abran polo menos catro días ao mes, obriga que non se cumpriu ata agora dende o 2023, cando a decisión foi firme. 

Tras isto, os Franco recibiron unha sanción de 3.000 euros. Así, a familia, abriu as visitas gratuítas, que se farán cada luns.

Así, Inés Rey mostrouse contenta ao ver que os Franco cumpren coa lei por fin abrindo o ben público que pasara a mans privadas na época do ditador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade