Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os expertos non cren que a erupción do volcán da Palma remate pronto

Os expertos non cren que a erupción do volcán da Palma remate pronto

As autoridades prohíben o acceso ao sur do volcán

Tres persoas feridas cando retiraban cinza

directo Prohibido o acceso ao sur do volcán pola mala calidade do aire
G24.gal 06/11/2021 20:54

Un total de 49 días despois da súa erupción, o volcán da Palma segue en plena actividade, aínda que as coadas discorran con moita lentitude ou estean paradas. 

As emisións de dióxido de xofre seguen sendo moi altas e, aínda que os sismos baixaron, os expertos non cren que a erupción remate pronto.

A mala calidade do aire obrigou a prohibir o acceso ó sur do volcán

A calidade do aire, a presenza de pequenas partículas, e o cambio dos ventos obrigou ás autoridades a prohibir o acceso ó sur do volcán ós veciños que ían retirar pertenzas ou quitar cinzas.

Tres persoas feridas cando retiraban cinzas

As autoridades din que a retirada de cinzas dos tellados deben facela expertos, xa que nas últimas horas tres persoas caeron dos tellados e tiveron que ser hospitalizadas, unha delas na UCI.

A nube de cinzas e gases non afecta ao aeroporto de La Palma

E mentres, a erupción segue convertida nun grande atractivo turístico, tanto por terra coma por mar.

A erupción volcánica deu este sábado outras boas noticias, como son o feito de que la lava non afectase novas zonas e que a columna de gases e cinzas non afecte ao aeroporto da Palma.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade