Publicador de contidos

Publicador de contidos

Apuntan a unha nova escalada do prezo do combustible tras o veto ao petróleo ruso

Apuntan a unha nova escalada do prezo do combustible tras o veto ao petróleo ruso

Europa terá que asegurar 600.000 barrís de diésel para substituír as importacións rusas

G24.gal 06/02/2023 14:30

A gasolina e o diésel están en ascenso desde que comezou o ano e, lonxe de frearse esta tendencia, os últimos cambios no mercado apuntan a unha nova escalada dos prezos que repercutirá directamente nos consumidores. 

O impacto será aínda maior no sector do transporte. O 96 por cento dos camións en España funcionan con diésel. 

Europa terá que asegurar 600.000 barrís de diésel para substituír as importacións rusas. Desde o Goberno central garanten a subministración.

Será en poucas semanas, segundo os expertos, cando se esgoten as reservas de Europa, cando os prezos comezarán unha nova escalada. 

Con Rusia expulsada do mercado, Europa ten que recorrer a outros países para mercar combustible. Traelo de Arabia, dos Estados Unidos e Asia, principais candidatos, incrementará o custo do transporte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade