Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os estudos da primeira universidade privada de Galicia ofertaranse o curso que vén

Os estudos da primeira universidade privada de Galicia ofertaranse o curso que vén

Ofertaranse catro graos, catro mestrados e dous doutoramentos

G24.gal 10/11/2021 17:58

Bota a andar a primeira universidade privada de Galicia. Está promovida pola entidade financeira Abanca e acollerá os primeiros alumnos o curso que vén.

É a Universidade Intercontinental da Empresa. Terá a súa sede en Santiago e dous campus, na Coruña e Vigo. Ofrecerá un total de catro graos, outros catro mestrados e dous programas de doutoramento.

Todos eles vencellados ao mundo da administración e as finanzas. O seu reitor, Miguel Ángel Escotet, di que a nova universidade nace coa intención de sumar e diversificar a oferta de estudos superiores en Galicia.

A nova universidade parte da experiencia das escolas de negocios que veñen funcionando nas cidades da Coruña e Vigo. Neses dous campus ofrecerán as mesmas titulacións, Enxeñería da Empresa, Administración de Negocios Dixitais, Enxeñería de Sistemas Intelixentes e Administración e Dirección de Empresas.

A primeira universidade privada de Galicia está promovida por Abanca e Afundación e conta coa autorización do Parlamento de Galicia. Os primeiros estudos comezarán a ofertarse o ano que vén e cada ano irase incorporando unha nova titulación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade