Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan ducias de persoas en Estremadura pola borrasca Efraín

Rescatan ducias de persoas en Estremadura pola borrasca Efraín

Na cidade de Badaxoz houbo que evacuar un cento de veciños da ribeira dereita do Guadiana

En Salamanca faleceu un axente forestal arrastrado por unha riada
G24.gal 15/12/2022 09:06

O axente forestal falecido, de 55 anos, tentaba cruzar unha corrente no lugar de Villarino de los Aires, en Salamanca. Pero a forza da auga arrastrou o coche. O seu cadáver apareceu a uns cincocentos metros do vehículo.
 
En Estremadura, os equipos de emerxencias tiveron que rescatar ducias de persoas, ou atrapadas en coches ou illadas nas casas. En lugares como Gévora ou Roca de la Sierra, a auga superou un metro de altura dentro de vivendas, granxas e negocios. 

Na cidade de Badaxoz houbo que evacuar un cento de veciños da ribeira dereita do Guadiana. A choiva torrencial sorprendeu este conductor, que tivo que ser rescatado in extremis no municipio pacense de Valdebótoa. Quince estradas permanecen cortadas en toda a comunidade autónoma.

Efraín cargou con forza tamén en Andalucía, en todas as provincias. Un tornado deixou importantes estragos en Xerez da Fronteira. En Granada, un home foi ferido ao ser arrastrado no seu vehículo douscentos metros por unha riada. As chuvias provocaron tamén un desprendemento que danou a pasarela do Caminito del Rey, un dos principais reclamos turísticos da provincia de Málaga. A cara positiva da borrasca vémola en Doñana, que estes días se recupera de máis dun lustro de seca.

Na comunidade de Madrid, o 112 xestionou 323 incidentes relacionados con inundacións en garaxes, alteracións de tráfico, danos en vivendas, retirada de árbores e sobre todo... no metro. Ata seis liñas tiveron que ser cortadas por acumulación de auga. As zonas máis afectadas pola borrasca foron Móstoles, Fuenlabrada, Coslada, Rivas e Leganés. 

O mal tempo seguirá hoxe, sobre todo no sur peninsular. Andalucía, Baleares, Cataluña, Murcia e a cidade autónoma de Ceuta estarán en aviso amarelo por temporal de choiva, vento e ondas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade