Cargando resultados...
Os españois cren que pagan máis impostos do que perciben por eles
Unha enquisa do CIS recolle que a maioría dos españois opina que hai fraude fiscal
G24.gal
05/08/2022 19:23
Case o 80 % dos contribuíntes españois considera que os impostos non se cobran de maneira xusta. É dicir, que non pagan máis os que máis teñen. E 4 de cada 10 cren que se paga moito en impostos.
Son datos do último estudo do CIS sobre política fiscal, que pretende pulsar a opinión da cidadanía en materia tributaria. Outra das conclusións é que o 60 % dos enquisados din recibir do Estado menos do que achegan, e unha inmensa maioría amósase convencida de que en España hai moita fraude fiscal.