Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os equipos galegos prepáranse para a xornada na Primeira RFEF

Os equipos galegos prepáranse para a xornada na Primeira RFEF

O Rácing-Ceuta de hoxe e o Pontevedra-Castela de mañá, en directo na G2

G24.gal 28/01/2023 13:38

Esta tarde as sete veremos o primeiro dos dous partidos da Primeira Federación que ofreceremos esta fin de semana na nosa segunda canle. O Rácing recibe na Malata ao Ceuta. Os de Cristóbal, que veñen de recuperar boas sensacións nas dúas últimas xornadas, deben asegurar os tres puntos para seguir en postos de playoff. Enfronte estará un pechacancelas que vai a máis.

O Rácing vén de empatar en Valdebebas ante o Real Madrid Castela, que será o rival do Pontevedra mañá as cinco en Pasarón, noutro encontro que veremos na G2. O filial madridista, terceiro clasificado, vai poñer a proba a capacidade de reacción do conxunto granate, penúltimo na táboa, e que foi goleado polo Linense na estrea de Toni Otero como adestrador.

Os outros dous equipos galegos xogan o domingo a domicilio. O Deportivo visita ao San Fernando co obxectivo de seguir recortando diferenzas co liderado. Está a catro puntos do Alcorcón. Para conseguilo debe mellorar as prestacións ofrecidas nos partidos lonxe de Riazor.

E o Celta B quere achegarse ao playoff. Daría un paso de xigante cun triunfo en Córdoba, o segundo clasificado. O filial celeste está nun gran momento de forma e chega a este partido logo de sumar trece dos últimos quince puntos posibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos