Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os equipos de urxencias intensifican os traballos para localizar as vítimas

Os equipos de urxencias intensifican os traballos para localizar as vítimas

As autoridades cren que o número de falecidos podería aumentar ao levantar os vagóns sinistrados

G24.gal 19/01/2026 14:53

As imaxes do estado en que quedaron os vagóns dan idea da magnitude da traxedia.

"Había xente que estaba moi mal e eu non podía facer nada", explica unha moza ferida.

Son as testemuñas do inferno que se viviu no interior dos trens tras o accidente. Pasaban das sete e media da tarde cando un tren Yrio que facía o traxecto Málaga-Madrid descarrilaba á altura da localidade cordobesa de Adamuz. Os últimos vagóns saíron da vía e invadiron outra contigua, por onde circulaba un Alvia en sentido contrario. O impacto foi tal que os dous primeiros vagóns caeron por un noiro de catro metros.

"O que me preocupa son as vítimas, aclarar isto. Que, por favor, o número non suba. Iso é no que estamos", asegura o Ministro, Óscar Puente.

A prioridade agora está nos labores de busca e identificación das vítimas. Na zona trabállase contra o reloxo para poder levantar os vagóns. Uns traballos complicados pola dificultade de acceso ao punto do accidente.

"A dificultade está en que a maquinaria pesada ten difícil encaixe para poder traballar e poder elevar eses vagóns para que poidan traballar os bombeiros", di Juanma Moreno Bonilla, presidente da Junta de Andalucía.

Os feridos foron trasladados a distintos centros hospitalarios de Andalucía. 

"Evolucionan favorablemente. É unha boa noticia", adianta Moreno Bonilla.

O servizo de alta velocidade entre Madrid e Andalucía permanece suspendido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade