Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez asegura que se saberá "a verdade" do accidente ferroviario de Adamuz

Sánchez asegura que se saberá "a verdade" do accidente ferroviario de Adamuz

O Goberno decreta tres días de loito oficial en toda España

O presidente da Junta de Andalucía destaca a "coordinación e a lealdade" das administracións ante esta traxedia

Pedro Sánchez acudiu este luns a Adamuz (EFE/Jorge Zapata) Pedro Sánchez acudiu este luns a Adamuz (EFE/Jorge Zapata)
G24.gal 19/01/2026 14:54 Última actualización 19/01/2026 15:11

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou este luns desde o lugar onde se produciu a traxedia ferroviaria de Adamuz, en Córdoba, que se "dará coa verdade" sobre a causa do accidente que causou polo menos 39 falecidos.

"Imos dar coa verdade, imos coñecer a resposta", reafirmou o xefe do Executivo, tras visitar o lugar do accidente, e comprometeuse ante os cidadáns para informar "con absoluta transparencia e absoluta claridade", sobre os motivos que provocaron o descarrilamento e choque de dous trens.

(EFE/Jorge Zapata)

Sánchez compareceu acompañado do presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, da vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, e dos ministros de Transportes, Óscar Puente, e do Interior, Fernando Grande-Marlaska, así como do alcalde de Adamuz.

Tamén garantiu ás vítimas e os seus familiares, en coordinación con todas as administracións, a protexelas e asistilas "en todo o que necesiten e durante todo o tempo necesario"

Hoxe mesmo o Goberno decretará tres días de loito oficial en toda España.

Pola súa parte o presidente andaluz, Juanma Moreno Bonilla, destacou a solidariedade do pobo andaluz ante esta traxedia e agradece as mostras de fraternidade que están a chegar nas últimas horas.

O presidente da Junta de Andalucía, igual que fixara tamén Pedro Sánchez destacou "a coordinación e a lealdade" das administracións que xuntas traballan desde o momento en que se produciu o accidente para asistir as vítimas, os feridos e as súas familias.

Mentres tanto, Alberto Núñez Feijóo reuníase a primeira hora co que fora presidente de Renfe, Pablo Vázquez. En Génova gardaron un minuto de silencio e nun chío Feijóo mostraba o apoio aos equipos de emerxencia. En breve tamén ten previsto acudir ao lugar do accidente.

Miguel Tellado, o secretario xeral dos Populares, mandaba tamén unha mensaxe de apoio ás familias das vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade