Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os entroideiros apuran as horas neste martes de Entroido

Os entroideiros apuran as horas neste martes de Entroido

A chuvia fixo acto de presenza na provincia e desluciu un pouco este martes de Entroido

O espírito dos entroideiros non decaeu e a festa continúa por todos os recunchos da provincia ata altas horas da madrugada 

G24.gal 01/03/2022 21:11

O martes de Entroido foi día de desfiles en varios recunchos da provincia, coma en Seixalbo ou Barbadás.

A chuvia non foi quen de frear aos entroideiros, dérono todo para amosar os seus disfraces pasalo ben a facerllo pasar ben aos que participaron no desfile

Hoxe era día de desfile tamén na localidade de Xinzo de Limia pero non se organizou por mor da pandemia aínda así non faltou a troula, a desmesura....

Hoxe as pantallas, a figura típica deste Entroido, tamén se fixeron ver.

Un martes de Entroido onde a localidade de Laza lle deu protagonismo aos peliqueiros veteranos. Son os que xa non aturan tantos días de troula pero aínda queren gozar da xolda. Aproveitan, ademais, para mallar os máis novos co látego que forma parte do traxe de peliqueiro. O colofón ao Entroido de Laza é a lectura do testamento do burro.

Mentres, na serra, o estrondo de bombos, aixada e gadañas fai enxordecer aos participantes. É o día grande do entroido de Manzaneda. Caxato en alto, as mázcaras xiran ao hipnótico ritmo dos folións sen levantar os pés do chan.

A provincia de Ourense festexa dun xeito especial o entroido po iso apuran as horas de troula e ata que o corpo aguante. Aquí despiden a Don Carnal por todo o alto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar