Cargando resultados...
Os empresarios temen que as obras no viaduto de Pedrafita se alonguen ata dous anos
Representantes do sector do transporte e das patronais da Coruña e Lugo reuníronse co delegado do Goberno en Galicia
G24.gal
21/06/2022 23:27
O presidente da Confederación de Empresarios de Lugo asegura que a reunión co delegado do Goberno non foi satisfactoria, porque aínda falta información: non saben por que caeu parte do viaduto e canto tempo levará reparalo.
Jaime López sinalou que o Ministerio de Transporte estuda tódalas alternativas posibles á A-6 ao seu paso polo Cebreiro. O empresario sinalou que terán que agardar para saber que solución escolle o Goberno. López teme que se tarde ata dous anos en facer as obras precisas e reabrir a ponte do Castro.