Publicador de contidos

Publicador de contidos

A armadora do Albacora Cuatro tramita a repatriación dos falecidos nas Seychelles

A armadora do Albacora Cuatro tramita a repatriación dos falecidos nas Seychelles

Os dous traballadores morreron por inhalación de amoníaco

Os veciños dos falecidos seguen consternados polo acontecido

G24.gal 17/06/2022 14:00

A empresa armadora do Albacora Cuatro está á espera de que o técnico que enviaron ás Illas Seychelles poida achegar máis información sobre as circunstancias en que se produciu o falecemento dos dous mariñeiros galegos.

O que se sabe é que se debeu a unha fuga de amoníaco e non a unha explosión, como se pensou inicialmente. Os veciños dos falecidos seguen fondamente afectados.

Os outros oito tripulantes do Albacora Cuatro que resultaron feridos durante a fuga de amoníaco xa están fóra de perigo. Agora os armadores do barco traballan para poder repatriar canto antes os cadáveres de Ángel Boo e Francisco Cameán, veciños de Ribeira e de Porto do Son.

A Cooperativa de Armadores de Vigo lamenta a vaga de accidentes que están a afectar a frota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade