Os dobres graos en Matemáticas logran as notas de corte máis altas
Tan só dez alumnos son os escollidos para os dobres graos de Matemáticas e Física e para o de Enxeñería Informática e Matemáticas da USC
13,6 e 13,5 son as notas de corte esixidas para cada titulación, as máis altas da universidade galega
Velaí teñen os estudantes escollidos para o reto universitario máis difícil.
Un grupo reducido de alumnos que superou as notas de corte máis altas.
13,6 no dobre grao de Matemáticas e Física e 13,5 no de Enxeñería Informática e Matemáticas.
Oito anos levan funcionando os dobres graos na Universidade de Santiago, una vía para avanzar na excelencia académica.
As notas de corte veñen dadas pola lei de oferta e a demanda. Só se ofertan dez prazas en cada titulación.
Seguen a ser maioría de homes os que optan por estas disciplinas, pero as mulleres gañan presenza en cada curso.
Son como a elite do estudantado, un plus de responsabilidade polas expectativas propias e as que a sociedade pon no seu futuro profesional. Están no comezo do curso.
Teñen por diante unha carreira de fondo e o éxito só depende deles.