Cargando resultados...
Os cortes na auga da traída deixan sen servizo centos de veciños de Monforte
Piden a renovación das tubaxes da traída, con máis de 60 anos de antigüidade
Félix Aragunde
06/04/2022 13:53
Ao longo dos últimos días, centos de veciños de Monforte sufriron varios cortes de auga. Durante as horas que se prolongaron as avarías, tanto os negocios coma os residentes permaneceron sen servizo e non puideron asearse nin cociñar. De feito, tiveron que facer uso de auga embotellada.
As avarías foron causadas por sucesivos rebentóns na traída. Neste sentido, os veciños sinalan que as tubaxes teñen unha antigüidade duns 60 anos, polo que reclaman que se renove a rede.
As rúas máis afectadas por estas avarías na traída da auga concéntranse no sur da vila.
