Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os contaxiados terán que esperar cinco meses para vacinarse coa dose de reforzo

Os contaxiados terán que esperar cinco meses para vacinarse coa dose de reforzo

Os nenos de cinco a once anos contaxiados recibirán unha soa dose ás oito semanas da infección 

G24.gal 25/01/2022 13:51

A Comisión de Saúde Pública, en que están representadas as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, acordou que para as persoas que recibiron a pauta completa de vacinación e que logo teñen infección sintomática ou asintomática por SARS-CoV-2, o intervalo entre a infección e a administración da dose de recordo será dun mínimo de catro semanas, pero, en calquera caso, recoméndase a súa administración aos cinco meses tras o diagnóstico da infección.

"A evidencia actual mostra que o feito de ter unha infección por SARS-CoV-2 tras ter a pauta completa de primovacinación fai que se desenvolva unha resposta inmune máis potente e máis ampla en termos de neutralizar outras variantes do virus, en comparación coa resposta inmune observada en persoas que só padeceron infección ou que só recibiron dúas doses", xustifica o Ministerio de Sanidade.

Ademais, explican que as infeccións por ómicron "aumentan a resposta de células de memoria a antíxenos víricos diferentes á proteína S, en comparación coas infeccións tras vacinación causadas pola variante delta, o cal implica unha ampliación da inmunidade".

Os nenos de cinco a once anos contaxiados recibirán unha soa dose ás oito semanas da infección 

A Comisión de Saúde Pública decidiu que os nenos de cinco a once anos que se contaxian antes de recibir a vacina contra a covid–19 recibirán unha soa dose a partir das oito semanas tras o diagnóstico da infección.

Esta nova actualización da Estratexia de Vacinación establece que se a infección se diagnostica despois da primeira dose administrarase a segunda a partir das oito semanas tras o diagnóstico da infección e manterase o intervalo de oito semanas respecto á primeira dose. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade