Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os contactos dos contaxiados por ómicron deberán facer corentena

Os contactos dos contaxiados por ómicron deberán facer corentena

É unha actualización da estratexia de detección precoz, vixilancia e control da covid-19

G24.gal 01/12/2021 21:45

As persoas vacinadas terán que facer corentena nos contactos de casos producidos polas variantes ómicron, beta ou gamma, segundo recolle a Estratexia de detección precoz, vixilancia e control de covid–19 que acaba de ser actualizada.

Segundo este documento, "a confirmación da clase de variante non adoita estar dispoñible no momento do diagnóstico e por tanto a corentena debe aplicarse tamén a aqueles casos sospeitosos pola información preliminar a través das probas PCR, ben porque o caso forme parte dun gromo que inclúa casos de distintas variantes".

Tamén realizarán corentena os contactos daqueles casos en que haxa sospeitas dunha transmisión a partir de visón ou de persoas con inmunosupresión.

O Comité Coordinador da rede de laboratorios de secuenciación comprométese a revisar permanentemente as variantes de preocupación (VOC), nas que se inclúe ómicron, as variantes de interese (VOI) e as mutacións do xenoma SARS-CoV-2 con maior impacto na saúde pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos