Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os concesionarios alertan de que se non remontan as vendas, perigan os postos de traballo

Os concesionarios alertan de que se non remontan as vendas, perigan os postos de traballo

Por cuarto ano consecutivo, o sector pecha este exercicio cunha nova caída nas vendas, máis dun 20 por cento

Necesitan chegar á comercialización de un millón de unidades anuais a nivel nacional

G24.gal 21/12/2022 14:01

É un dos clientes que estes días se achegan ata os concesionarios para beneficiarse dos descontos de final de ano.

"Veño mirar novo que o de ocasión subiu moito de prezo", conta este cliente. Estoutro vén recoller o seu coche novo: "Quedei sen coche e tiven que mercar".

Os concesionarios necesitan máis clientes coma eles. As vendas volveron baixar, ata un 20 por cento.

"Catro anos encadeando caída tras caída por moitas razóns, falta de coches, de compoñentes, carestía", explica Roberto Lucas, xerente no concesionario Lusitano de Lugo.

O sector vai aguantando grazas ao mercado dos coches de ocasión.

"Fixemos unha boa política de aprovisionamento de vehículo de ocasión e este ano batemos todas as marcas o que compensou acaida das vendas de vehículo novo", comenta José Luis Sánchez, xerente do grupo Caetano Fórmula Galicia.

A situación é complexa para o sector, necesitan remontar as vendas e chegar ao millón de unidades anuais.

"Este ano non sei si chegaremos aos 830.000 é unha diferencia moi grande entón ao final as empresas non temos pulmón para aguantar", engade Roberto Lucas.

Perigan os postos de traballo. Nos últimos cinco anos o sector xa perdeu 12.000. 

"Hai menos parque de vehículo novo rodando nas estradas e iso inflúe tamén no traballo dos talleres, o sector está atravesando un momento complicado", asegura José Luis Sánchez.

Nos últimos días sumóuselles outro problema, o transporte. Non hai quen lles cargue os coches que se acumulan nas campas para entregar antes de final de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade