Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os comerciantes piden unha moratoria para instalar as portas automáticas

Os comerciantes piden unha moratoria para instalar as portas automáticas

O decreto obliga a instalar un sistema de peche de portas automáticas para impedir que se gaste enerxía cando quedan abertas

A medida non convence a todos os comerciantes, moitos aseguran que a instalación de portas automáticas suporalles un importante desembolso económico

G24.gal 03/10/2022 14:32

O Real decreto de aforro enerxético que o Executivo aprobou a principios de agosto obrigaba a instalar antes do 30 de setembro un sistema de peche de portas automático para impedir que se gaste enerxía cando quedan abertas.

Con todo, so un 10 % dos comercios de España teñen instalado o sistema automático.

Unha das medidas para aforrar enerxía e reducir o consumo. Pero instalar portas automáticas require un desembolso económico, que para moitos -especialmente para o pequeno comercio- é inasumible. 

Para os hostaleiros a medida non gusta porque se lles complica á hora de atender a terraza. As multas previstas en caso de incumprimento das medidas poden chegar a 60.000 euros

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade