Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os comerciantes de Santiago acollen de bo grao a posible viaxe do Papa a Compostela

Os comerciantes de Santiago acollen de bo grao a posible viaxe do Papa a Compostela

O Vaticano aínda non confirmou a viaxe

G24.gal 01/11/2021 16:15

Os comerciantes do casco histórico de Santiago acollen como unha moi boa noticia a máis que probable visita do papa Francisco a Santiago o vindeiro ano, tras a prórroga do Xacobeo decretada polo Vaticano. A falta de confirmación oficial, xa se barallan as datas do 7 ou o 8 de agosto, en plena tempada turística.

O papa Francisco non confirmou, este mediodía, ao remate do rezo do ánxelus no balcón da Praza de San Pedro, a data da súa probable visita a Compostela, o vindeiro verán. O Vaticano adoita esperar a facer estes anuncios a poucos meses antes das datas programadas.

Pero a falta de confirmación oficial, as últimas informacións publicadas por El Progreso, sitúan a estadía do pontífice en Compostela entre o 7 e o 8 de agosto, coincidindo coa Peregrinación Europea da Mocidade. El mesmo xa dixo o pasado setembro que estaba avaliando se facer a viaxe.

Na zona histórica da cidade, os comerciantes acollen de bo grao a posibilidade da visita. Sería o terceiro Papa que viría a cidade, nesta ocasión nun ano santo prorrogado polo Vaticano ante a situación sanitaria. Previamente, viñera a Compostela dúas veces Xoán Paulo II e Bieito XVI tamén visitou a catedral de Santiago, fai agora 11 anos, no ano Xacobeo de 2010. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade