Os comedores sociais traballan arreo para ofrecer menús de Navidad
Na Coruña reparten un menú frío de Noiteboa que ten, entre outros, unha crema de queixo, ensalada de cangrexo ou gambas á gabardina
Son días de traballo arreo nos comedores sociais. No da Coruña reparten un menú frío de Noiteboa que ten entre outros, unha crema de queixo, ensalada de cangrexo ou gambas á gabardina.
É unha cea que os usuarios levan para casa. Encheron 1.500 bolsas e con elas entregan unha caixiña de agasallo cos doces típicos deste Nadal.
"Á xente que ven ao comedor dámoslles unha caixiña, cunha botella de sidra e as viandas típicas dos días de Nadal", explica Óscar Castro, administrador da Cociña Económica da Coruña.
Mentres reparten a cea, sen descanso, empezan coa seguinte misión, porque o día forte aquí é a comida de Nadal, e xa están cos previos.
"Temos unhas cigalas, unhas nécoras e unha carne asada", dinos o administrador do comedor.
Máis do 90 por cento dos 1.500 menús que se van preparar repártense fóra. No comedor sentarán os usuarios habituais, unhas cincuenta persoas. O menú inclúe o agarimo de todos os que fan posible o xantar.
Conta Óscar Castro que "compartimos un pouquiño así en familia con eles non? Son usuarios que temos ao longo do ano pero este día é un pouco especial poder brindar con eles".
No que é para moitos a mellor calor do fogar no Nadal.